22/11/12

Interesante debate sobre o despoboamento rural na TVG



Recomendo ollar o video sobre o debate celebrado na TVG referido ao despoboamento rural en Galicia. Para escoitar diversas opinións sobre as causas, consecuencias e solucións. Vai acompañado na primeira parte coa entrevista á Xosé Manuel Beiras sobre a situación política actual de Galicia.

Carlos Luís Rodríguez  e os xornalistas Pablo Acción e Anxo Lugilde entrevistan a Xosé Manuel Beiras Torrado, voceiro de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), coalición que foi a gran revelación das eleccións autonómicas do 21-O.
No apartado de sociedade, Victoria Rodríguez trata sobre o despoboamento en moitas comarcas galegas do interior.
Profundan neste tema Carlos Ferrás Sexto, profesor de Xeografía Humana da USC, Manuel Blanco Desar, economista e coordinador do Foro sobre Natalidade e vellez en Galicia e Ignacio Vilar, director de cine e autor do documental “A aldea: o antigo e o novo”.

Para ver o video preme aquí: Video Debate despoboamento de Galicia

7 comentarios:

Pablo Ponte Rodríguez dijo...

Na miña opinión creo que o mundo rural estase a convertir na saída a crise que vive o mundo urbano, xa que moitas son unas características que ten este medio como o abaratamento de vivienda, proximidade a cidade, mellor calidade de vida, relación có medio natural... Aínda así creo que sería necesaria a proposta de iniciativas de chamar a xente xoven ao rural, debido a que nós somos o futuro do planeta e sente ben ou sente mal a poboación vive na cidade e na súa periferia con actividades propias delas e non rurais.

Alumno de Xeografía y O.T. Geografía Rural.

Mateo Varela Cornado dijo...

Está claro que Galiza vai sufrir un gran cambio. Seguramente que nun futuro non haberá o mesmo habitat tan disperso, é dicir núcleos cunha casa ou 2, darase paso a pequenas vilas de 1000 habitantes que si podrán cubrir todos os servizos posibles. En canto ó minifundio, creo que dará paso a formación de grandes extensións de terras que serán controladas polas cooperativas e non polas grandes empresas capitalistas. Refírome ás cooperativas porque é unha das maneiras para que os propios veciños do lugar sexan os donos dos medios. En conclusión, vexo un futuro para o espazo rural, pero se cambia o modelo económico.

Carlos Ferrás dijo...

De acordo Pablo e Mateo,

Parece que imos coñecer grandes cambios territoriais en Galicia.

Credes que poderían ser máis planificados ou ordenados?

E tamén, que opinades do discurso do director de cine que participa no debate, Ignacio Villar?

Mateo Varela Cornado dijo...

Os cambios deberían de ser planificados por parte das administracións, desta forma poderíase buscar os posibles problemas ou a mellor localización de actividades económicas. Logo con respecto a Ignacio Villar, teño que dicir que comparto a súa idea de darlle máis valor ó espazo rural e promover un desarrollo local como a producción de alimentos ecolóxicos por parte de cooperativas que son as que establecen poboación no rural e non as grandes empresas.

Pablo Ponte Rodríguez dijo...

Pablo Ponte Rodríguez
A miña opinión é moi parecida a de Mateo, xa que creo que fronte os problemas que afectan a todolos cidadáns é mellor que se poña diante a administración e sepa ela con consello do pobo o mellor e o peor. Có tema de Ignacio Villar, estou dacordo.

Conciencia Xeográfica dijo...

Eu creo que os concellos deberían axudar a proxectar o eido rural, non con axudar económicas senon crear asociacóns de pequenos productores, algo coma a granxafamiliar, para así sacar beneficios do seu traballo.

Julia Pozo

Unknown dijo...

De acordo Mateo, Pablo e Julia,

Co que dicides tamén concorda todo o mundo; incluida a administración.

Pero as grandes preguntas son, como se fai? quen o pode facer? con que recursos? onde? para que? cando? que productos? onde están os mercados? quenes son os competidores?...