14/3/12

La fusión de concellos rurales en Galicia. A quién beneficia?


Tenemos 315 municipios en Galicia. Somos 2,7 millones de habitantes; tenemos diputaciones provinciales, mancomunidades de municipios, 3800 parroquias, gobierno regional autónomo, 30.000 entidades de población... Cómo administramos todos esto?
Debemos fusionar los concellos menores de 20.000 habitantes? esto ahorra recursos? que opinas?
En la materia de geografía rural de la USC consideramos que los grandes beneficiados pueden ser los ciudadanos... pero quizás también los municipios más grandes y urbanizados. Por lo tanto se perjudicará el desarrollo rural????

7 comentarios:

Fernando dijo...

Creo que sería interesante fusionar municipios de menos de 5000 habitantes,tal y como se está proponiendo.De esta forma se podrían gestionar y aprovechar recursos comunes de manera más coherente y obtener una tasa de ahorro en servicios de limpieza,educación,sanidad,etc que repercutiría positivamente en la población.

Jorge Torres Machado dijo...

A peculiaridade de Galicia é posuir un gran número de entidades de poboación, enmarcados nun número considerable de municipios que son os que representan o que é Galicia hoxe en día. Eliminar algúns municipios polo simple feito de non ser viables económicamente elimina a realidade municipal galega. Non creo que sexa a solución á crise e, polo de agora, non lle vexo sentido nin futuro, sobretodo por afectar negativamente aos municipios máis pequenos, que serán absorbidos polo municipio maior.

Tania e Martiño dijo...

Eu penso que a fusión de concellos obedece a manobras políticas. Opino que antes de fusionar concellos de maneira descontrolada, como se está a propoñer, hai que empezar a reformar institucións máis obsoletas. E que non nos vendan a crise como factor de fusión, a crise dende o meu punto de vista é un engano dos máis poderosos para amedrentarnos.

Martiño Novo

Tania A.C dijo...

A fusión de concellos xa está en marcha, este tipo de medidas tan drásticas non se poden executar ao chou.Non tódolos nosos concellos posúen características homoxéneas para seguir un único patrón, e dame a sensación de que van facer fusións como quen fai "galletas" baixo a receta duns "cociñeiros" que lonxe de ser chefs asemellan pinches de pouca categoría. Se a cuestión é aforrar cartos todos podemos facer unha lista de prioridades a tratar, como erradicala corrupción nos concellos, e os cidadáns estaríamos dacordo 100%; igual non son tan moderna coma o son estas medidas territoriais,igual lle teño reparo a deixar de ser de Ponteceso e ser ponte-malpiquense, pero creo que antes de falar de fusión de concellos, habería que manexar posibilidades de cooperación entre concellos, mancomunidades...

MCarro dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Manuel RL Carro dijo...

Ao meu ver, se falamos de fusión, dentro de España hai moitos territorios nos que o número de concellos é excesivo sen virmos precisamente ao caso galego. En Castilla La Mancha hai concellos con 5 habitantes, en toda España, a meirande parte dos concellos computan menos de 500 habitantes e moitos non chegan a 100, ás veces con superficies irrisorias; en Galicia temos concellos moi grandes e poboados se nos comparamos coa media estatal. Alén diso, a solución da delicada coxuntura territorial galega non pasa pola máquina da fusión baixo o argumento da crise; a solución é facer unha restruturación administrativa. Por exemplo, podería haber unha entidade que gobernase a comarca, adaptándose en tamaño á realidade da mesma, e tomando competencias decisivas dentro dela, similares ás do actual concello mais superiores, e dentro de cada concello que simplemente houbese unha pequeniña unidade de xestión que coordinase os asuntos máis propios dun territorio menor, asuntos sociais especialmente. Que conseguiríamos así? Pois por exemplo; dinamizar a creación de áreas metropolitanas ao unificar a xestión metropolitana nun ente supramunicipal, axudar a que o desenvolvemento de zonas rurais se levase a cabo de forma máis integrada e cooperante, etc, e ao mesmo tempo reduciríase o peso administrativo actual. Por suposto que sería algo para analizar en detalle e conlevaría asemade a unha restruturación comarcal nalgún caso, mais eu opino que se trata dunha alternativa mellor á fusión, que só conseguiría que os grandes absorvesen aos pequenos e se producise división social.

Carlos Ferrás dijo...

De acordo Manuel Ramiro,

Pero a comarcalización de Galicia foi un grande fracaso. Por que cres que sucedeu esto?

Se indagas en Internet sobre esto poderás obter interesante e valiosa información.