18/2/14

E se a agricultura fose a solución para o desemprego xuvenil?


O medio rural galego pode ser unha oportunidade de empregro xuvenil? A Organización Internacional do Traballo OIT considera a agricultura como o eslabón perdido para o emprego dos xóvenes. Por que seguimos asociando a agricultura ao atraso? Os galegos parece que identificamos o rural e agricultura cun pasado cheo de necesidades e penurias. A que se debe? Hoxe non acontece tal cousa. Teremos que proxectar e innovar na nosa agricultura e para iso teremos que potenciar a formación dos nosos universitarios para crear as bases dunha nova agricultura e agroindustria. Sabemos producir carnes, hortalizas, legumes, queixos, froitas do país, castañas, viños diversos, .... Pero sabemos vender? Onde? Como? Quenes son os nosos competidores? e os nosos mercados?. Necesitamos xóvenes universitarios formados en marketing avanzado, en técnicas de envasado, en deseño gráfico, en xestión de mercados, en loxística de transporte, en producción ecolóxica,... e o máis importante, con gañas de innovar e emprender. Onde se ensina esto?

Lede este artigo da OIT sobre as oportunidades de emprego na agricultura para os xóvenes:

http://www.ilo.org/global/about-the-ilo/newsroom/features/WCMS_235659/lang--es/index.htm