31/10/12

Hai futuro para o campo galego?



O campo galego ten futuro? e o español?  Todos os datos son negativos, perda de habitantes, fuxida dos xóvenes por falla de perspectivas, explotacións agrarias pechando de seguido, abandono agrario...

Mirade este artigo con visión pesimista: pica aqui

Mirade agora este artigo con visión optimista: pica aquí

Hai Futuro ou non Hai Futuro?

E si non hai futuro no campo, haino nas cidades?

Quizáis na producción ecolóxica? mirade este video de bioesenciadegalicia:




8 comentarios:

moda hip hop dijo...

Me gusta..

Begoña Pose Ponte dijo...

O campo galego neste momento ten pouco futuro por circunstancias alleas a crise económica,
o avellentamento da poboación e o importante éxodo rural que se viviu ó longo deste anos
provocou que moitas explotacións se fosen abandonando, e neste momento, para volver a elas, e que sexan rendibles, necesítanse unhas melloras tecnonolóxicas que son
díficiles de asumir polo custo que supoñen. Pode ser, eso e certo, que certo sectores como
o viño ou o queixo con D.O. que si teñan futuro, pero isto tampouco da traballo
a tanta xente.
Por outra parte o campo español, penso que esta na mesma situación que o galego en moitas
rexións,exceptuando aquelas con grandes industrias agroalimentarias como no mediterráneo.
Porén, a xente, polo traballo que supón empregarse no campo, prefire prepararse nuns estudos
superiores e se non atopan traballo aquí, emigrar.
O proxecto de produtos ecolóxicos pareceme moi interesante, moita xente deixouse de preocupar pola saúde comprando produtos de baixa calidade, e con este tipo de mercados foméntase esta producción ecolóxica e retórnase aos modos de producción tradional, pero para o mercado exterior.

Carlos Ferrás dijo...

De acordo Begoña, concordo. Pero se o proceso e irreversible, cal é o futuro para o rural galego?
Onde te sitús ti; na visión pesimista ou na optimista?

Begoña Pose Ponte dijo...

O futuro para o rural en Galicia exceptuando aquelas zonas de agroindustrias gandeiras ou agrícolas, ou aquelas aldeas que se ven benefiadas polo turismo rural polo camiño de Santiago...a miña posición é pesimista. Unha cuestión que nos vai levar a perda de tradicións, costumes ou características varias desta Comunidade.

Victoria Estévez González dijo...

Eu considero que o campo galego nun futuro próximo si vai ter futuro,xa que é certo que se amosa un gran avellentamento, pero polo que eu podo observar no meu concello (Cartelle) hoxe en día a xente volve o campo, debido a gran crise que se ta dando no urbano, que con isto non quero decir que no rural non haxa crisis, pero paganse menos impostos e podense cultivar as terras para o autoconsumo, polo que sempre se gasta menos que na cidade, con isto as familias que retornan ao campo volven a traballar as explotación que antes abandonaran. Eu coñezo en primeira persoa o caso dunha familia que voltaron para o campo e se adicaron ao cultivo do viño, o cal lle sacan beneficio no mes de setembro xa que o venden a coperativas, e o traballo das viñas durante o ano levano a cabo os menbros da familia. No referente o campo español, considero que se atopa case na mesma situación, ainda que penso que o rural galego ten máis futuro. Por último no referente ao proxecto dos produtos pareceme moi interesante, xa que considero que se trata de produtos saudables, e hoxe en día a xente en certo modo despreocupouse pola sua saúde. Eu teño unha visión optimista sobre o rural galego.

Jose Antonio Casal Antelo dijo...

Pois de acordo Begoña e Victoria,

Moi interesantes os vosos argumentos, pero tedes posturas contrapostas.

Beogoña que podes dicir do que comenta Victoria?

Victoria e tí que podes dicir do que comenta Beogoña?

Artur Quelle Losada dijo...

Eu a verdade e que creo nun futuro para o medio rural, sobre todo cando empecen os índios e os chinos a comsumir alimentos como o facemos os occidentais. O que si creo e que o gran lastre que temos en Galicia e a mentalidade. É verdade que sempre existen persoas con visión como o señor Figueroa de Pazo Sabadelle ou o señor Lareu de Adegas Lareu pero creo que o rural está enquistado como algo negativo na mente de moitos galegos. Negativo digo polo traballo que da. Outra cousa é a falta de visionarios. Igual o que fai falla e que veña algunha empresa de Alemaña a producir aquí productos orgánicos e igual si os veciños ven que lles vai ven e asumen dunha vez por todas que a agricultura evolucionou dende a que eles viviron fai 40 anos, igual así podería comezar a interesarse a xente polo medio que teñen ao lado da casa sen buscar traballo no estranxeiro. Agora si, logo de pensalo moito o que necesita Galicia e o que xa pasou Irlanda, aquilo comentado na clase. Que se valeire o medio rural e unha vez feito reordenar todo o territorio para poder axustar as nosas terras a unha produción máis industrial acorde coa sociedade na que vivimos, eso si, sen abandonar o orgánico. Polo que a min respecta creo que a idea de orientar a nosa produción a Alemaña é unha grande idea que vai dar vos frutos. Oxalá así seña.

Gorras Planas dijo...

Muy Interesante..