Fomentando o debate. Empresa e desenvolvemento territorial en Galicia. Como nacen as empresas?



Os alumnos e o profesor da materia xeografía rural da Universidade de Santiago estamos identificando empresas galegas con base territorial definida. Queremos coñecer e comprender a súa orixe, como se fundaron, se desenvolveron en relación ao lugar físico de partida.
Os galegos temos sido emprendedores ao longo da historia. Creamos empresas en Galicia e fóra de Galicia. Temos grandes multinacionais de éxito; Inditex-Zara é un xigante creado dende Galicia. Pescanova é un exemplo de emprenderusmo; pero temos centos de miles de empresas espalladas pola xeografía de Galicia. Son as pequenas e medianas empresas creadas a partir do saber facer dos nosos artesáns, mariñeiros, carpinteiros, etc.; dinamizadoras das economías rurais e locais e sostén de centos de miles de postos de traballo.
Pero, nas nosas universidades, nas súas aulas, somos capaces de transmitir este coñecemento aos nosos estudiantes? como poden comprender o nacemento dunha empresa local se non lles prestamos atención? como fomentamos o espíritu crítico, innovador, emprendedor, entre os nosos estudiantes universitarios?
A iniciativa pedagóxica reside en achegar ao estudiante universitario ao territorio e aos actores sociais que crean riqueza no territorio. Todos eles son coñecedores de experiencias de éxito e de fracaso nas dúas cidades, vilas, aldeas, parroquias, etc.; pois trátase de que analicen, reflexionen e discutan sobre os procesos, ambientes, problemas, necesidades, etc asociados ao nacemento dunha empresa.

15 comentarios:

Tania Bouzas Varela dijo...

A empresa que eu decidin elexir para realizar este traballo é unha Casa de Turismo Rural, que comenzou a funcionar no ano 2007 no concello de Cerceda.
Eu decidín elexir esta empresa, en primeiro lugar porque coñezo este concello e chamoume a atención que nunha zona donde apenas hai grandes recursos turísticos, que esta empresa en parte se arriscara por fomentar o turismo nesta zona.
En canto a orixen, como xa dixen leva moi pouco tempo en funcionamento, pero é unha Casa de Turismo Rural que está restaurada a partir dun antigo muíño que ten algo máis de 200 anos de antigüidade, o cal estaba embargado e o actual propietario da Casa decidiu mercar e restauralo.

www.avaliandooturismorural.blogspot.com

Anónimo dijo...

Pablo Alonso Barreiro:

É certo que a actividade empresarial é importante en Galicia. Desde os comezos da historia sempre houbo destacadas actividades artesanais e agrícolas propias debido a riqueza do territorio. Esta riqueza interesou desde sempre as grandes civilizacións, como por exemplo os romanos. Hoxe en día, e despois dunha tardía industrialización, as empresas especializadas atópanse espalladas o longo do territorio, sempre en maior número nas proximidades das áreas urbanas.

As grandes empresas e as grandes ideas que surxiron desde aquí, chegaron a expandirse fora das nosas fronteiras, sendo hoxe en día grandes multinacionais.
Outras, máis pequenas quedaron aquí. Estas pequenas e medianas empresas dan traballo a milleiros de persoas en Galicia. Son empresas na súa maior parte descoñecidas, pero tamén son imprescindibles.

No meu blog analizo a influencia que unha destas pequenas empresas ten no medio rural de Valdeorras, a pegada que pode ter para o pequeno concello no que se sitúa, así como o seu crecemento e o aumento de empregados fixos desde a súa creación.

Investigo acerca das posibilidades dun traballo como a canteiría artística e acerca da especialización neste sector do seu creador. A empresa que analizo chámase Esculpedra.


O blog que estou construindo é o seguinte:

http://www.esculpedra.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Son Luís Casais Calo alumno de xeografía na universidade de Santiago de Compostela. Na asignatura de Xeografía Rural estamos a estudar unha empresa con base territorial no medio rural co obxetivo de comprender a sua orixe, evolución, e como puido influir esta no medio rural sobre o cal se asenta.
No meu caso estou a tratar o caso da empresa conserveira Jealsa-Rianxeira que se asenta no municipio de Boiro, máis concretamente nunha pequena aldea situada na costa boirense no que antes era un pequeno porto pesqueiro tradicional.
Dita empresa en tan só 50 anos pasou de ser unha pequena factoría ata convertirse na actualidade na segunda conserveira máis impòrtante do mundo. Baixo o meu punto de vista esto foi grazas a unha enorme actitude emprendedora do seu fundador e presidente, así como as posivilidades que tivo este casandose ca filla do presidente dunha das máis importantes conserveiras da epoca, Escurís. Empresa que na actualidade foi absorbida por Jealsa.Polo tanto este pudo ser o xerme de Jealsa.
Pero hai que preguntarse porque temos unha industria conserveira tan forte e con unha capacidade innovadora tan grande, en contraposición co resto de actividades economicas, que salvo algún caso aislado, non encontramos dita actitude. Eu creo que o precedente a este tecido industrial tan forte no que se atopa Jealsa como máximo exponente, atopamolo cas familias catalanas que chegaron as costas galegas no século XIX, e que atraidas polos extraordinarios recursos construiron as súas factorías modernizando por completo a producción artesanal que se atopaba nas corserveiras galegas antes da súa chegada.
No blog http://www.origenjealsa.blogspot.com/ , falarei de estes e outros temas e intentarei comprender a orixe e evolución de Jealsa así coma a sua enorme importancia en Boiro e en toda a zona norte da ría de Arousa.

Luís Casais Calo

http://www.origenjealsa.blogspot.com/

Adrián dijo...

No cabe duda de que el sector maderero en Galicia es muy importante por ser uno de los mayores recursos naturales de los que disponemos.

Este sector alberga mucha producción de madera procesada pero falta añadir valor a estes productos y que sean realmente competitivos en las economías desarrolladas... ¡hasta hoy!

La empresa encargada de aplicar ese valor añadido en Galicia es ahora FINSA, empresa compostelana fundada en los años 40 del siglo XX y que comenzó siendo un simple conjunto de aserraderos hasta la empresa multinacional que es hoy. ¿Por qué triunfó y otros aserraderos se quedaron estancados? La FINSA era capaz de financiar a los pequeños propietarios para que plantaran árboles otorgándoles a estos beneficios desde el primer momento sin necesidad de esperar a que crecieran para tener ingresos. Este modelo de negocio fue fundamental para que la empresa saliera adelante.

Posteriormente la empresa fue muy innovadora creando productos originales y propios como el Fimapán que resultaron un éxito.

Pero en los tiempos que vivimos hace falta algo más que fabricar tablas. Es por ello que desde hace unos años la FINSA crea muebles en despiece que luego vende a empresas como IKEA o Leroy Merlín, aplicando a esas tablas un valor añadido tremendamente importante para salir a flote.

El fenómeno FINSA ha podido triunfar por esa renovación que han sabido aplicarse y por tener gran capacidad de innovación, algo todo ello relacionado con un sector propiamente gallego como el de la madera, lo cual motivó su creación por estos lugares.

Para descubrir más sobre la empresa FINSA visita http://informacionfinsa.blogspot.com

Anónimo dijo...

Como alumno da materia de Xeografía Rural estou realizando un traballo para comprender a orixe e o desenvolvemento dunha empresa en relación co medio rural. Concretamente estou a investigar sobre o caso de COREN. A creación desta empresa foi impulsada por Eulogio Gómez Franqueira, quen procedía dunha familia de agricultores. Foi un empresario e político, e a través destas actividades vinculouse os sectores produtivos agrícolas. En 1961 foi nomeado polo Ministerio de Agricultura xerente da Unión Territorial de Cooperativas Orensanas (UTECO). Nos seus orixes a empresa tivo unha achega de capital tecnolóxico da empresa estadounidense SWIFT. O seu obxectivo foi dende o principio que entre todas as cooperativas puidesen controlar o proceso produtivo completo, incluíndo a comercialización dos produtos finais.
Para seguir a evolución deste traballo podedes consultar a seguinte páxina: http://uteco-coren.blogspot.com/
Ángel Duarte Campos.

Manuel Hermo dijo...

Son estudante de xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, e estou realizando xunto cos meus compañeiros un traballo de investigación sobre diversas empresas que tiveron a súa orixe no mundo rural.
No meu caso estamos a falar de "Astilleros Aguiño", un asteleiro emprazado a carón da praia do carro e preto tamen do porto de Aguiño. Estamos a falar dun dos primeiros asteleiros da comarca do Barbanza, e ainda que hoxe en día non ten moita actividade debido, como e lóxico, as dimensións do porto de Aguiño e as actividades que nel se levan a cabo, fai uns 30 anos constituía unha das empresas do sector con maior dinamismo dentro da comarca e con moita repercusión socioeconómica dentro do propio pobo.
Os fundadores deste asteleiro, que foron tres carpinteiros veciños de Aguiño, foron capaces de mirar cara o futuro e ter unha actitude emprendedora, pois na fundación desta empresa os recursos da pesca eran moi escasos e repercutían directamente na actividade do asteleiro; pero ao seren uns coñecedores perfectos do terreo superon aproveitar esa oportunidade e fundar neste emprazamento ideal un pequeno asteleiro que hoxe en día segue aportando riqueza e traballo a nivel local.
Este traballo estanos a ensinar que o caracter dos empresarios galegos e moi emprendedor, e mais ainda se falamos de persoas do mundo rural, pois as condicións nas que se atopan para a creación dunha empresa son moito máis complicadas que no mundo urbano; e ademais o tipo de oferta e demanda e moi distinto nun sitio e noutro por iso cada empresa se ten que adaptar ao seu entorno, e é por iso que nos atopamos con historias moi distintas, dende grandes multinacionais internacionais que comenzaron a sua andaina no rural, ata empresa que todavia hoxe perviven no seu ambito local (como e o meu caso).
Os problemas son moitos pero hai que saber superporse e adoitar unha situación de total armonía co espazo que rodea a empresa.
Istes son alguns dos obxetivos que persegue este traballo, por iso invitovos dende aqui a visitar o meu blog WWW.orixeastaleiroaguino.blogspot.com para que poñades as vosas impresions e comentedes sobre todos istes aspectos que repercuten directamente sobre esta pequena empresa do pobo de aguiño.

Manuel Hermo Casais

Anónimo dijo...

A experiencia emprendedora que eu escollín malia non nacer no territorio galego, coido que si ten o senso trasformador do rural que procura esta investigación.
Trátase do Grupo Mondragón, conformado por 256 empresas, de todos os eidos económicos, que se sitúan hoxe, mesmo a un nível transnacional, empregando a preto de 100.000 persoas; pero dende unha óptica cooperativista, asembleario e comprometida co seu territorio, a formación e maila súa cultura propia, e todo dende unha pequena vila das montañas vascas (Arrasate-Mondragón).
Toda isto levoume a facerme preguntas, coma`por exemplo: Por qué decidiron ficar no rural coas facilidades que pode ter o traslado da sede a unha cidade como fixeron moitas? Por qué apostaron pola formación no seu territorio dende o seu nacemento(creando mesmo unha univesidade) cando sería moito máis doado traer persoal formado de fóra? Por qué seguiron sendo fieis a un modelo cooperativista nos que as decisións de empresa as deciden de xeito democrático os traballadores, cando sería moito máis sinxelo reconvertirse nunha S.A.? Por qué chegado un intre, no que todas as empresas deslocalizaban a produción o Grupo decidíu ficar producindo en Euskadi? Por qué apostaron pola autoxestión financeira creando ó pouco de xurdiren unha empresa financeira, fuxindo do trama da banca tradicional? e sobre todo, Por qué foi posible este modelo no rural vasco da posguerra e non o é no rural galego de hoxe? ou si o é pero ninguén o quixo levar a cabo?


Alfonso Leal García, estudante de Xeografía da USC

Anónimo dijo...

David Arias Quinteiro:

En relación a la empresa que yo investigo, Condes de Albarei, podemos decir que es una bodega de vino albariño la cual nació en 1988 debido a una iniciativa por parte de un grupo de vitivinicultures de la Comarca del Salnes, los cuales quisieron emprender un camino hacia la comercialización de su producto hacia un mercado más amplio, ya que cada uno tenía su pequeña explotación y el vino que producían era para su consumo y un pequeño mercado local.
Estos vitivinicultores unificaron sus tierras creando una cooperativa para poder expandir su negocio hacia un mercado nacional e internacional.
Un factor importante del asentamiento de esta bodega en el lugar, aparte del arraigo de estas personas que nacieron y crecieron en esta Comarca del Salnes, es el climático debido a que esta zona tiene unas temperaturas suaves y unas precipitaciones elevadas bien repartidas durante todo el año que hace que la tierra tenga unas condiciones ideales para el vino albariño.
Debido a la buena acogida que tuvo esta iniciativa en el mercado nacional esta cooperativa tuvo que ir ampliando los socios así como los viñedos debido a la gran demanda de su producto. la bodega Conde de Albarei factura al año 15 millones de euros.
Esta empresa se hizo propietaria del conocido Pazo Baión el cual, aparte de la elaboración de vino, lo ha transformado en un centro de enoturismo, y también ha creado puestos de trabajo para personas drogodependientes en proceso de rehabilitación, y parte de los beneficios de este viñedo se dedican a ayudar a la prevención del consumo de drogas y a la asistencia y reinserción social de los adictos ce esta zona.
Si quieres conocer más acerca de la empresa Condes de Albarei visita la pagina web www.albarinhoenelmundo.blogspot.com.

Natalia Valero Martínez dijo...

A empresa sobre a que estou traballando chámase Extrugasa. Esta é unha empresa de aluminio que ten a súa orixe no municipio de Valga.
Escollín esta empresa porque me pareceu interesante saber como se foi desenvolvendo e como chegou a ser unha das máis importantes da zona.Tamén me pareceu chamativo que ademais de traballar nela un gran número de persoas do propio municipio tamén se despracen para traballar alí un número importante de persoas dos municipios dos arredores.

O motivo para que se situara en Valga foi principalmente económico, xa que o terreo onde se sitúa actualmente era dos máis baratos que había naqueles momentos. Ademais disto tamén influíu que o fundador de dita empresa sexa de Valga.
Pouco a pouco foi mellorando a accesibilidade, o cal foi moi importante para a distribución do aluminio a diferentes puntos; e ademais no seu desenvolvemento tamén influíu as innovacións continuas en canto o tratamento do aluminio.

Tratarei de falar de todo isto no blog:
http://orixeextrugasa.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Sobre o que acabo de expoñer trata o meu blog.
http://compromisomondragonbeharre.blogspot.com/

Alfonso Leal García. Estudante de Xeografía da USC.

Anónimo dijo...

Soy Pablo Varela Gondelle.
Mi experiencia acerca del origen y desarrollo de una empresa, se corresponde con Ikea. Seleccioné esta empresa para conocer el caso de que en un pequeño pueblo sueco, concretamente en Agunnaryd, se forje una gran multinacional del mueble, y no en otro lugar.

Ikea, creda por Ingvar Kamprad, nace en 1943. En un primer momento no se dedica al negocio del mueble, sino que atiende a pequeños objetos de uso corriente, como pueden ser los bolígrafos. En el origen de esta empresa tuvo también importancia el financiamento producido por el padre de Ingvar, como recompensa por los buenos resultados académicos. En el año 1947 incorpora los muebles a la gama, por copia a la competencia. También, en la apuesta por el mueble, tuvo una gran importancia que Suecia se trate de un país con una gran densidad forestal y de que, concretamente en Agunnaryd, existieran una gran cantidad de pequeñas empresas del mueble, que podían abastecerla. En estos primeros años tuvo también una gran importancia el factor afectivo, de relación afectiva y familiar en el proceso de conformación de la empresa, que no atiende a factores racionales en el sentido de la economía, sobre todo en esta fase de incubación. Esto se reflejaba, por ejemplo, con la instalación del taller donde se almacenaba parte del material y se embalaba, en la granja de Elmtaryd, que era donde residía Ingvar Kamprad, creador de Ikea. Además, era un trabajo familiar, donde le ayudaban familia y amigos con el negocio, realizando tareas como el poner la funda a los muebles, por ejemplo, siendo la ayuda incluso hasta la madrugada en multitud de ocasiones. Pero este modelo familiar para una empresa que estaba creciendo a pasos agigantados, no era sostenible, lo que hizo que contratara al primer empleado en 1948, contando ya con ocho en 1949.

Hay otros factores en el germen y crecimiento de esta empresa, como puede ser encontrarse con las personas adecuadas en los primeros años. Ejemplo de ello es Göte Hansson, importante en la política de precios de la empresa, en un momento en que a comienzos de la década de los cincuenta la gran competencia obligaba a reducir los precios, aunque a costa de la calidad de los productos. Por ello, para no ver reducida la demanda, se procedió a la instalación de una exposición permanente, en la cual se poderían ver los productos, sin tener que desconfiar de los productos que se mostraban en el catálogo y que se compraban por correo. Esta propuesta tuvo un gran éxito. También tuvo una gran importancia la adquisición para la empresa de Gillis Lundgren, un dibujante con escasa formación en el diseño de productos, pero que fue el responsable de la innovación que suponían los muebles para montar, con los cuales se ahorraba material, lo que permitía mantener los precios bajos, ya que se reducían los costes de fabricación. Pero esta innovación no fue inventada por Ikea sino por el comercio NK de Estocolmo. Como se ve, no es solo importante tener la idea, la innovación, sino también aplicarla.

Para más información acerca de Ikea y debatir acerca del origen y desarrollo de la misma, os invito que participéis en el blog: http://origenikea.blogspot.com

Anónimo dijo...

Sobre o que acabo de expñer na miña entrada trata o meu blog.
http://compromisomondragonbeharre.blogspot.com/

Alfonso Leal García. Estudante de Xeografía da USC.

Sandra Expósito Rodríguez dijo...

Galicia é unha gran productora de leite, hai numerosas explotacións espalladas pola comunidade, polo que me pareceu interesante indagar nos orixes dunha das cooperativas mais importantes da mesma, como é ICOS. Está situada no Concello de Chantada, en Lugo, unha zona na que se localiza unha importante produción de leite, xa que o seu radio de acción sobrepasa os límites da propia comarca.
Os seus orixes remóntanse ó ano 1977 coa creación da Cooperativa Chataca, impulsada por un grupo de gandeiros que pretendian poder comercializar o leite obtendo un maior beneficio. Comezou con 15 socios que vendían o seu leite en conxunto a unha mesma empresa, polo que o beneficio era maior. O número de socios foise incrementando ata que chegou un punto no que era necesario facer unha ampliación da cooperativa e cambiar o modelo que se estaba aplicando para incrementar os beneficios e poder aportar maiores servizos ós socios, polo que se plantexa a idea de facer unha fusión entre as catro cooperativas da comarca. Esta idea lévase a cabo no ano 2000, collendo como sede a de Chataca, no municipio de Sobreira en Chantada, por tratarse da cooperativa mais forte.
A partir deste momento tanto os beneficios obtidos como os servizos aportados ós socios foron en aumento.
De toda a evolución experimentada pola empresa falo no seguinte blog: http://www.cooperativa-icos.blogspot.com/
Sandra Expósito Rodríguez

Sara dijo...

A Cofradía de Pescadores de Noia, e a opción empresarial que elexín, para intentar comprender mellor o comportamento socioeconómico da miña vila.
A gran riqueza das nosas rías e a conseguinte extración de diferentes bivalvos, é unha práctica que se leva realizando dende fai mais dun século. É o caso da Cofradia de Noia, que comezou a súa, co marisqueo do berberecho a finais do século XIX. Ben é verdade, que si a riqueza da mesma Ría e o factor fundamental, o feito de que Noia fose coñecido como o Porto de Compostela axudou a que a súa producción poidese comercializar no exterior, converténdose así nun Porto de referencia. Atrás quedaron esas épocas de moitas farturas, que eran visibles nas gamelas afondadas no Peirao do Marqués. Co paso dos anos o marisqueo non só se limitou o berberecho, senón que se engadiu outro dos seus productos máis destacados, a ameixa. Co paso dos anos, a cantidade de producto quizá non disminuíse, pero si o aumento da poboación a adicarse a esta actividade primaria. Actualmente, e con case 2000 socios, é a principal productora de marisco de Galicia,onde factura máis de doce millóns de euros pola venta directas dos seus productos.
Sara Alcalde
http://cofradiapescadoresnoia.blogspot.com/

ALBA BARRIO dijo...

Coma os meus compañeiros eu tamén estou investigando unha empresa con base no medio rural ainda que o seu nacemento foi na cidade da Coruña. Hoxe en día esta empresa desenvolve unha influencia tanto a nivel local coma internacional. Cando se fala de Inditex, a empresa que investigo, todo son felicitacións e admiración para o seu fundador Amancio Ortega pero, qué levou a este home aparentemente sen estudos a crear unha empresa? O meu propósito é chegar a entender por qué Inditex naceu na Coruña e logo desplázase cara Arteixo, qué factores tanto afectivos como económicos levaron a isto. Amancio Ortega estivo só en todo isto?

Comecei por investigar o pasado de Amancio Ortega antes da creación do grupo Inditex, este está relacionado con varias tendas do sector téxtil na súa cidade de acollida, este elemento da historia axuda a comprender en certa medida a creación da súa propia empresa uns anos despois, que aínda non se chamaba Inditex, senón que era GOA S.A. creada no ano 1963 e adicada á fabricación de batas e pixamas. O taller da empresa estaba asentado nunha rúa coruñesa chamada Noia. Ademais de esta empresa existía outra chamada SAMLOR S.A. que estaba dirixida entre outros polo irmán de Amancio Ortega, Antonio; averigurar a relación das dúas é un dos meus obxetivos. Os lazos familiares e o compromiso adquirido polos traballadores primitivos son unha das bases máis sólidas na consolidación deste grupo empresarial; así coma o comercio sen intermediarios, que Amancio sabía ben que era clave para o éxito empresarial. Coñecer os gustos da clientela e maioristas axudou na localización empresarial. Os pasos futuros son mundialmente coñecidos pero a falta de información sobre os comezos da empresa é acusada, coa axuda da miña nai traballadora dende hai máis de 32 anos en Inditex trato de buscar as orixes.

O meu blog no que publico as investigacións é: www.origenesdeinditex.blogspot.com